Cazoladas hoxe nas cidades galegas en solidariedade co pobo catalán

Serán a partir das 20:30. Convocadas para rexeitar as “ameazas” do discurso de Filipe VI e o respecto dos resultados do refrendo do 1-O.

Non cesan as mobilizacións en Galiza en solidariedade co pobo catalán. Se o sábado miles de persoas confluían en Compostela nunha manifestación nacional para apoiar o dereito a decidir e contra a represión; o domingo eran tamén miles as que saían as rúas galegas para denunciar a represión desa xornada contra o 1-0.

 

E non fica aí. Para esta cuarta feira, 4 de outubro, hai convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya cazoladas nas sete cidades galegas a partir das 20:30 horas. Un acto co que se rexeita o discurso de Filipe VI desta segunda feira e se pide respecto para os resultados dor referendo do 1-0, onde votaron máis de 2,2 millóns de persoas.

Lugares das cazoladas (20:30 horas):

 

Compostela, Praza do Toural

A Coruña, Subdelegación do goberno

Vigo, Farola de Urzáiz

Lugo, Subdelegación do goberno

Ourense, Subdelegación do goberno

Pontevedra, Subdelegación do goberno

Ferrol, Praza Amada García (diante da Xunta)