A cea de persoal médico residente en Compostela suma outros 7 positivos

Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

Ao cribado polo surto acudiu un 70% das persoas citadas. A cea tivo lugar o 7 de decembro e a ela acudiron unhas 120 persoas.

O  cribado polo surto rexistrado despois dunha cea de médicos residentes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) detectou outros sete positivos.

Fontes da área sanitaria confirmaron que ao control acudiu o 70 % das persoas citadas e o resultado total é de 18 residentes da área sanitaria, após os 11 notificados esta pasada cuarta feira.

A cea tivo lugar o pasado 7 de decembro e a ela acudiron unhas 120 persoas.

Cribado específico

Unha vez coñecida a situación, as mesmas fontes sinalan que se programou un  cribado específico para todo o colectivo de medicas e médicos internos residentes da área de Santiago, ao que foron citadas 300 persoas.

As mesmas fontes sinalaron que acudiron perto do 70 % dos citados.

Sobre a concorrencia, a área sanitaria lembra que "nestes momentos moitos residentes xa non se atopan en Santiago".

A Dirección da área sanitaria, na información remitida esta quinta feira, subliña que "nin a dirección da área nin o coordinador de docencia tiñan coñecemento da celebración deste evento", o cal "contravén as directrices marcadas polo Servizo de Medicina Preventiva, anteriormente enviadas a toda á institución e en recomendábaas que non se celebrasen este tipo de actividades", sosteñen.