En apoio a Juana Rivas

Centos de persoas marchan sob o lema de "un maltratador non é un bon pai"

Un momento da marcha de Compostela

Manifestáronse baixo a convocatoria da Plataforma Feminista Galega en Compostela, A Coruña, Ferrol, Ribeira, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo. 

A marcha de Compostela partiu da Praza 8 de Marzo por volta das 19.30 horas con cánticos como "Todas somos Juana" ou "Basta xa de xustiza patriarcal".

 

A manifestación -na que tomaron parte a líder do BNG Ana Pontón e a parlamentar de En Marea Paula Quinteiro, ben como a concelleira de Políticas Sociais en Compostela Concha Fernández- concluíu coa leitura dun manifesto na Praza da Praterías.

 

No Estado perto de outras 20 cidades acolleron marchas tamén en solidariedade con Juana Rivas.