CIG denuncia a ausencia de dirección e de EPIs na residencia integrada de Baños de Molgas

Membros da UME na desinfección dunha residencia (Marta Fernández/EP).

Afirma que impiden a realización da avaliación de riscos laborais.

A CIG asistiu a unha visita de avaliación de riscos laborais para a elaboración do Plan de prevención na residencia das Milagres en Baños de Molgas, da Fundación San Rosendo, reconvertida en residencia “integrada” pola Xunta para acoller a maiores infectadoas.

A visita evidencia para este sindicato a descoordinación entre a Consellería de Política Social e o Sergas. “Nese mesmo día o director ata o de agora, Miguel Angel Vazquez, recoñecido xeriatra e cesado coa escusa de “pasar” a dirección asistencial ao Sergas. Nin sequera o servizo de prevención que vai realizar a avaliación de riscos tiña coñecemento da nova dirección do Sergas”.

A CIG di que ao non darse EPIs “non podemos acceder as instalacións residenciais (unicamente a administración e a sala de cursos) e por tanto non se pode facer o proceso de recollida de datos nin comprobar a implantación das medidas preventivas”.

A CIG di que se confirman as súas sospeitas sobre “o ineficaz de forzar ao persoal baixo ameazas e ademais sen ningún tipo de información. Así se nos  recoñece que o feito de que o persoal veña obrigado (con ameaza de repercusións penais) non é adecuado para traballar con normalidade e seguridade e aumenta os problemas no centro”.

Inciden no feito de que non haxadirector, que é o máximo responsable en prevencións. “Comprobamos que as persoas que se presentan como responsaábeis do centro non coñecen o Plan de acción da COVID elaborado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais a finais de marzo polo que cuestionamos que sexa aplicado correctamente”.