CIG-Ensino traslada á ministra de Educación as “prioridades” do sistema educativo galego

CIG-Ensino, sindicato maioritario no sistema educativo galego, vén de remitir unha carta á nova ministra de Educación, Isabel Celaá, na que lle traslada cales son, ao entender da central, os pasos e medidas necesarias a dar. Así, o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello,  pon como primeiro elemento fundamental a derrogación da LOMCE, “unha lei imposta unilateralmente polo Partido Popular e que recibiu unha contestación social sen precedentes”.

 

Outros temas apuntados na carta á ministra gardan relación coa perda de dereitos do profesorado con motivo dos recortes e medidas aprobadas polo PP nestes anos, como son as do RD 14/2012, que fixa un horario de 20 períodos lectivos para o profesorado de secundaria e de 25 para o corpo de mestres. CIG-Ensino lembra que xa hai comunidades autónomas que negociaron unha redución deste horario e a volta ás 18 horas nos corpos de secundaria. Neste sentido, o secretario nacional da CIG-Ensino incidiu no bloqueo que neste momento mantén o goberno Feixóo para impedir que se poida negociar esa recuperación do horario lectivo que tiña o profesorado galego cando o PP chegou á Xunta (18 horas lectivas en secundaria e 21 en infantil e primaria).

 

Un terceiro tema de especial relevancia para o profesorado é a eliminación, con carácter permanente, da taxa de reposición para o ensino público.. En paralelo a esta demanda a CIG-Ensino. Por último, desde esta centralo formulan a necesidade dun cambio de rumbo total no que ten a ver coa ausencia de negociación e coa política de imposición unilateral do PP.