CIG-Ensino pide un aumento sustancial das vacantes para os traslados de Secundaria

Desfase de 3.200 prazas docentes entre a oferta de destinos definitivos no Concurso de Traslados para Secundaria e os destinos provisionais

Un estudo elaborado pola CIG-Ensino, tendo en conta as prazas adxudicadas de destinos provisionais do presente curso 2017/18 e a oferta de vacantes para o Concurso Xeral de Traslados (CXT), amosa unhas enorme fenda: un desfase de 3.200 prazas docentes entre a oferta de destinos e os destinos provisionais.

 

“É obvio que unha parte desas vacantes non poden ser cubertas con carácter definitivo”, indica o sindicato. Malia todo, explica, non se xustifica unha desproporción tan avultada. CIG denuncia a falla de transparencia da Consellaría, que denega información, polo que “quedan sen reposta cuestións tan básicas e fundamentais como coñecer cantos docentes definitivos de cada especialidade hai nos centros educativos”.

 

A día de hoxe hai 807 docentes en expectativa só nos corpos de Secundaria, informa a central sindical. Moitas deles levan nesta situación desde hai máis de 10 anos. E son miles as persoas que agardan cambiar de destino.

 

Outro das cuestión que CIG-Ensino destaca do estudo é a persistencia da Consellaría en reducir os cadros de persoal coa amortización de xubilacións en moitos centros.

 

Nun segundo estudo da CIG-Ensino centrado no efecto da provisionalidade sobre as especialidades docentes, constátase como moitas delas contan cunha escasa oferta de vacantes para un colectivo de profesorado en prácticas e en expectativa que podería acadar o seu primeiro destino definitivo se a Consellaría, atendendo á demanda da CIG-Ensino, mudase a súa política de oferta de prazas.

 

A día de hoxe hai 807 docentes en expectativa só nos corpos de Secundaria, informa a central sindical. Moitas destas persoas levan nesta situación desde hai máis de 10 anos

 

Hai 34 vacantes de Lingua e Literatura Castelás cando se adxudican 183 provisionais, 47 vacantes de Xeografía e Historia fronte a 179 provisionais, 58 prazas de Lingua e Literatura Galegas cando houbo 199 provisionais, 81 de Matemáticas de 370 provisionais ou 46 de Inglés de 318. 

 

En especialidades propias da FP, FOL, presente en todos os ciclos formativos e, por tanto, en todos os centros, conta con 8 vacantes fronte a 78 destinos provisionais. Os desfases tamén están presentes en Administración de Empresas (8 de 68), Informática (5 de 60), Procesos de Produción Agraria (1 de 15), Procesos Sanitarios (9 de 28), Sistemas Electrónicos (2 de 27), Cociña e Pastelaría (1 de 25) e un longo etcétera que practicamente lle afecta á totalidade de especialidades.