Detido o presunto autor do feminicidio

Claros indicios de novo asasinato machista nun crime na Coruña

Concentración contra a violencia machista na Coruña

Matou a súa sogra, de 73 anos, e con posterioridade deuse á fuga coa súa filla pequena, de apenas 21 meses. O crime teríase perpetrado na madrugada desta segunda feira, no bairro coruñés de Monte Alto. O presunto autor do feminicidio acabou por ser detido pola Garda Civil no concello de Culleredo. O Concello da Coruña convoca unha concentración de repulsa do crime esta terza feira.

Os primeiros indicios da investigación apuntan a que estaríamos perante un novo caso de violencia machista na Galiza. A vítima é a nai da parella do presunto asasino. 

 

A nena foi resgatada e o seu estado de saúde é bon. O pai mercara billetes de avión para el e para a súa filla. O asunto áchase neste momento baixo secreto xudicial.

 

O concello da Coruña acredita que o crime debe ser considerado como un caso de violencia machista e convoca un minuto de silencio esta terza feira ás 12 horas na Praza de María Pita.