Colapsa parte dunha ponte sobre a estrada OU-536 en Xunqueira de Espadanedo
26 de febreiro de 2024 (15:08 h.)
O tráfico está desviado polas estradas OU-0106 e OU-0153.
Parte da ponte situada no punto quilómetro 22,200 na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio de Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda) derrubouse na mañá desta segunda feira.
Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o incidente produciuse ao fío das 9 horas, ao colapsar parte da sillería do muro dereito da ponte, da que é titular a Xunta da Galiza e que estaba a ser sometida a obras de reparación.
A circulación permanecía cortada na zona nesta vía que une o municipio de Ourense co da Rúa. No lugar, o tráfico está desviado polas estradas OU-0106 e OU-0153.