Colapso na A-52 en dirección a Vigo coas lapas moi perto dos automóbeis

Automóbeis atrapados

Automobilistas cortan medianas para fuxir pola calzada contraria.

Colapso nunha das principais vías de acceso a Vigo, con centos de automobilistas bloqueados e imaxes de auténtico pánico ao se achegaren as lapas a poucos metros dos carros.


Segundo informa Faro de Vigo, automobilistas cortaron as medianas para cambiaren de sentido e circularen pola calzada contraria.