Cinco concellos máis en alerta máxima polo coronavirus

Soben a 38 os municipios en Nivel 3.

A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia da pandemia do coronavirus na última semana repuntaron hoxe a 38, catro máis que o domingo. Isto débese a que volveu activarse o aviso máximo nas localidades de Pontedeume, Ordes, Tui, Vilagarcía de Arousa e Nigrán, á vez que se desactivou en Chantada.

Segundo se reflicte no mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en vermello -34 en total- están en comarcas do oeste galego . E é que en Ourense tan só queda Xinzo de Limia, mentres que en Lugo continúa vixente na súa capital, en Sarria e en Vilalba.

En alerta máxima están Tui, Vilagarcía e Nigrán, así como A Estrada, Lalín, Cambados, a cidade de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño e O Porriño.

Pontedeume, Ordes, Ferrol, Narón, A Laracha, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana e Vimianzo tamén están  nese mesmo nivel.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días.

Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para decretar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112- e Vigo -máis de 332-.

Pola súa banda, no segundo nivel de alertas hai hoxe un total de 17 localidades galegas. Ourense, Ribadavia, Chantada, Guntín e Monforte.

Santiago, Ames, Porto do Son, Boiro, Cerceda e Santa Comba tamén están en nivel laranxa; así como  Ribadumia, Meis, A Guarda, Cangas e O Grove.