Concentración en Compostela en contra da "crueldade animal" nos laboratorios
Ducias de persoas participaron este domingo nunha concentración en Santiago de Compostela para reclamar a liberación dos animais maltratados no laboratorio Vivotecnia, en Madrid, e demandar a fin da "crueldade" nos laboratorios.
Esta protesta, na Praza do Obradoiro, contou co apoio de diversos colectivos, entre eles o partido Pacma e a asociación animalista Libera.
A concentración, que se viviu tamén este domingo en distintos puntos do Estado, xurdiu como reacción aos vídeos difundidos pola ONG Crueltry Free International sobre o centro de experimentación Vivotecnia, que xa foi suspendido pola Comunidade de Madrid.
Os asistentes á protesta na compostelá Praza do Obradoiro, algúns deles acompañados das súas mascotas, vestiron de negro e cunha bata de quirófano, á vez que portaban fotografías dos animais que aparecían no polémico vídeo.
Ademais, exclamaron diversas consignas para pedir o fin destas prácticas: "Non máis escravos nos laboratorios"; "Xa abonda de crueldade animal"; " Vivotecnia, tortura e asasina".