Concentracións esta tarde en varias localidades galegas contra a represión en Catalunya

Terán lugar ás 20:00 horas

Apenas 24 horas despois da manifestación que reunía este sábado en Compostela miles de persoas na defensa do referendo catalán, vólvense convocar novos actos en relación ao 1-O. Será para rexeitar a represión do Estado e defender o dereito a decidir e decorrerán nas sete cidades galegas a partir das 20:00 horas.

Lugares:

Burela. Praza do Concello.

Compostela. Praza do Toural

A Coruña. Subdelegación do goberno

Vigo. Farola de Urzaiz.

Lugo. Subdelegación do goberno

Ourense. Subdelegación do goberno

Pontevedra. Subdelegación do goberno

Ferrol. Praza da Armada (diante da Xunta).