Concentracións na Galiza contra o ataque imperialista na Siria

Organizacións políticas e sociais convocan esta segunda feira concentracións de solidariedade co pobo sirio e contra a intervención militar estadounidense

 

Asociación de amizade galego-cubana Francisco Villamil, AC O Galo, BNG, CIG, Comités, Galiza Nova, Isca!, LEG, Mar de Lumes e Nós-UP convocan esta segunda feira concentracións en solidariedade co pobo sirio e contra a intervención militar estadounidense. Após o anunciou do goberno dos EUA que asegurou iniciará unha ofensiva contra o goberno de Bashar Al-Assad, organizacións políticas e sociais da Galiza mobilizaranse baixo o lema 'Imperialismo fóra de Siria. Paz e soberanía dos pobos'.

Localizacións das concentracións
Foz: na Praza do Concello
A Coruña: diante da delegación do goberno (Praza de Ourense)
Pontevedra: na Praza da Peregrina
Santiago de Compostela: na Praza do Toral

Al-Assad pediu á ONU que free "calquera agresión" e "manteña a seguridade" no país

As concentracións coinciden coa solicitude presentada polo presidente sirio quen demandou á ONU que free a intervención estadounidense. Bashard Al-Assad pediu á organización internacional que impida "calquera agresión" e que "garanta a seguridade" no país para "que non aconteza o uso absurdo da forza", dixo, "fóra das regras de lexitimidade internacional".