Un condutor ebrio atropela a dous peóns e causa danos en vehículos estacionados en Amoeiro

O vehículo sinistrado en Amoeiro. (Foto: Europa Press)
Deu resultados positivos nas probas de alcolemia de 0,92 e 0,86 mg/l.

A Garda Civil de Ourense investiga un condutor de 39 anos que o pasado 25 de xullo atropelou dous peóns e causou danos en dous vehículos estacionados na localidade de Parada de Amoeiro, no concello de Amoeiro (comarca de Ourense), que celebraba as súas festas ese día.

A Central Operativa do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense recibiu unha chamada ás 3 horas da madrugada do 25 de xullo na que se lle comunicaba que, nas proximidades do lugar onde se estaba desenvolvendo a verbena de Parada de Amoeiro, houbera un sinistro viario.

Cando o equipo de atestados chegou ao lugar indicado comprobou que o accidente fora provocado polo condutor dun turismo, un home de 39 anos ao que ao realizar as probas de alcolemia lanzou un resultado positivo de 0,92 e 0,86 mg/l.

Por iso está a ser investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria polo que pode ser condenado a prisión de tres a seis meses, a unha multa de seis a doce meses ou a traballos en beneficio da comunidade de até 90 días.

En calquera caso á privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por un tempo superior a un e até catro anos. A Garda Civil de Ourense fai un chamamento á prudencia no consumo de alcol cando se deba conducir, co fin de non ter que lamentar casos como o descrito ou con peores resultados.