Confirmado un segundo caso de coronavirus na Galiza, unha muller ingresada no Álvaro Cunqueiro de Vigo

[Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A Consellería de Sanidade confirmou un segundo caso de coronavirus en Galiza, unha muller de 47 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Este caso, un do cinco que permanecían en estudo en Galiza, foi confirmado polas análises do Centro Nacional de Microbioloxía. A muller atópase illada no hospital, en cumprimento dos protocolos implantados polo Ministerio de Sanidade.

Este é o segundo positivo en coronavirus que se produce en Galicia, trala confirmación dun primeiro caso esta cuarta feira, un home de 49 anos procedente de Madrid e que está illado no Hospital da Coruña.

O marido desta muller acudiu afectado de dor de costas ao centro vigués o pasado 28 de febreiro, aínda que non lle foi detectada unha pneumonía, patoloxía que si se diagnosticou o día 1 de marzo, cando regresou de novo a Urxencias. A partir desa xornada, e durante 3 días, permaneceu ingresado no centro, aínda que sen illar, dado que non entraba dentro dos criterios desta infección