Conseguen deter un garda civil que se atrincheirou durante horas cunha muller nun piso de Vilagarcía

Imaxe de arquivo da praza Martín Gómez Abal de Vilagarcía. (Foto: Google)
Segundo fontes próximas á investigación, algúns veciños alertaron ás forzas de seguridade do que estaba a ocorrer ao escoitar as ameazas que profería o home que, segundo confirman, non posuía armas.

Un Garda Civil atrincheirouse na madrugada desta terza feira durante horas nun piso de Vilagarcía de Arousa (O Salnés) cunha muller, á que dirixía ameazas.

Segundo fontes próximas á investigación, algúns veciños alertaron ás forzas de seguridade do que estaba a ocorrer ao escoitar as ameazas que profería o home que, segundo confirman, non posuía armas.

Tras varias horas de negociación para que o home saíse da vivenda, e mediante a intervención dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES), o home acabou saíndo voluntariamente ao redor das 04 horas.

Agora mesmo atópase en dependencias policiais, detido.

Orde de afastamento

Ten unha orde de afastamento contra a súa ex parella, que non era a muller coa que se atrincheirou no piso.