Activo un incendio forestal en Ponte Sampaio

Un efectivo da Xunta, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
A Consellaría considera controlado o incendio forestal de Ponteareas

A Consellería de Medio Rural informou de que está activo un incendio forestal en Ponte Sampaio (Pontevedra) que queimou tres hectáreas, segundo as primeiras estimacións.

O lume iniciouse ás 11.17 horas deste sábado e a evolución cara á súa estabilización é favorábel. No punto traballan catro axentes, seis brigadas, tres motobombas, un técnico, dous avións e tres helicópteros.

Por outro lado, a Consellería considerou controlado o incendio forestal de Ponteareas (O Condado) que queimou 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

Así, o lume comezou ás 18.55 horas desta sexta feira na parroquia de Paredes e quedou controlado ás 11.27 horas deste sábado 17. Nos labores de extinción participaron tres técnicos, 17 axentes, 32 brigadas, 22 motobombas, catro pas, oito avións e sete helicópteros.