Controlados dous incendios en Viana do Bolo e na Illa de Arousa

Incendio na Illa. (Foto: Europa Press)
Ambos os dous de menos de unha hectárea.

Dous incendios de menos de unha hectárea foron controladosesta cuarta feira nos concellosde Viana do Bolo (comarca de Viana) e A Illa de Arousa (comarca do Salnés).

Segundo informa a Consellaría do Medio Rural a Europa Press, o lume en Viana, parroquia de Vilarmeao, iniciouse ás 14:04 horas desta cuarta feira e quedou controlado ás 16:23 horas. Queimou 0,98 hectáreas de monte raso.

Participaron nas tarefas de extinción catro helicópteros, dous avións, catro motobombas, nove brigadas, catro axentes e un técnico.

Pola súa parte, o incendio da Illa,  comezou ás 15:21 horas, o cal leva controlado desde as 16:47 horas tras arder menos de unha hectárea. Traballan un helicóptero, dúas motobombas, catro brigadas e dous axentes.