Convocan unha greve o 19 de abril en Galiza “por un ensino feminista e democrática”

A Asemblea Aberta de Mulleres anunciou esta cuarta feira en Compostela a convocatoria dunha greve estudantil en Galiza para o 19 de abril para defender un “ensino feminista e democrático”.  As instan a que “o feminismo deixe de ser unha cuestión complementaria e pase a xogar un papel central” no ensino.

 

Destacan que a nivel estudantil o seguimento da greve do 8M foi masivo e que houbo unha enorme presenza de estudantes nas mobilizacións, o que axudou a “visibilizar en grande medida as reivindicacións, pero aínda non as vimos cumpridas e debemos continuar poñéndoas enriba da mesa e saíndo á rúa para defendelas”.

”.

Deste xeito, afirman, para o 19 de abril demandas dos estudantes como a derrogación da LOMCE, á esixencia da non aplicación do Decreto do 3+2 ou á democratización dos órganos de goberno súmanse no primeiro plano demandas como “a introdución da perspectiva de xénero nos nosos estudos e dunha materia específica de xénero”, “o establecemento de mecanismos efectivos de prevención e denuncia de violencias machistas” ou “a promoción da paridade nos órganos de goberno da comunidade educativa”.