Convocan mobilizacións cidadás #12M15M

O próximo 12 de maio haberá mobilizacións en prazas e rúas das cidades galegas nunha convocatoria que se está a desenvolver a través da rede. A Praza do Obradoiro será espazo de especial referencia neste aniversario da acampada reivindicativa do movemento do15M.

En Compostela, onde se prevé unha das principais mobilizacións, a manifestación comezará 18:00h no Paseo Central da Alameda para seguir pola Porta Faxeira, Rúa da Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, rep. Arxentina, Rúa do Horreo, Praza de Galicia, Rua das Orfas, Praza do Toural, Rua do Vilar, Praza de Praterías e rematar no Obradoiro, onde o pasado ano se desenvolveu a acampada máis prolongada no tempo das celebradas na Galiza.

Os convocantes fan un chamamento a colectivos e asociacións para que acudan ás mobilizacións “para visibilizar as súas loitas libremente”. A convocatoria realízase a nivel estatal en múltiples cidades. 

Un vídeo viral que se pode ver na rede, e unha campaña en twitter serán algunhas das principais iniciativas de difusión, ademais do blogue da convocatoria.. Contan ademais cunha canle en Youtube. 

Para o 12 M están previstos os seguintes actos na Galiza:

• A Coruña: 17:30h, saída da Praza da Palloza. Percorrido ata Obelisco e María Pita.
• Santiago de Compostela: saída ás 18:00 h. 18:00h do Paseo Central da Alameda para rematar no Obradoiro.
• Vigo: 19:00h, saída da Praza de España.
• A Mariña: concentración ás 12:00h no Cantón de Ribadeo e xantar popular.
• Ourense: 19:00h, saída da Alameda ata a Praza Maior
• Lugo: 18:30h, na Praza Maior.