Coronavirus Galiza: máis de 56.000 casos activos e 56 ingresos na UCI

Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra a Covid-19 na Galiza (Foto: Beatriz Ciscar/Europa Press).
Nas últimas 24 horas rexistráronse perto de 5.000 novos contaxios da Covid-19 na Galiza.

A presión hospitalaria volveuse a aliviar na Galiza ao descender a 354 os pacientes hospitalizados pola Covid-19, que supoñen 19 menos; mentres que os casos activos seguen en aumento e alcanzan os 56.456, que implican 3.868 máis que o día pasado, despois de rexistrarse 4.965 novos contaxios --1.150 máis que a xornada anterior-- e haber 1.093 altas. Pola súa banda, a taxa de positividade aumenta lixeiramente a un 23 por cento.

Segundo os datos actualizados na mañá desta cuarta feira pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da terza feira, increméntanse a 56 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en todo o país, que supón unha máis, pero baixan a 298 as hospitalizadas noutras unidades --20 menos--, mentres que 56.102 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete áreas sanitarias, todas agás a de Ferrol, que se mantén con tres pacientes Covid en UCI --sen cambios--, pero rexistra 14 noutras unidades --un máis--.

Pola súa banda, na de Ourense, aínda que aumentan a sete os pacientes ingresados pola Covid en UCI --dous máis--, descenden a 49 os que se atopan noutras unidades --seis menos--; mentres que na da Coruña e Cee soben a 11 o críticos --un máis--, pero baixan a 61 os doutras unidades --cinco menos--.

Na área de Vigo descenden a 15 os pacientes críticos --dous menos--, e aumentan a 71 os doutras unidades --un máis--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés seguen nove en UCI e descenden a 41 os doutras unidades --cinco menos--.

As áreas de Compostela e O Barbanza e Lugo seguen sen cambios nos hospitalizados en UCI, con cinco e seis, respectivamente, e rexistran 44 e 18 noutras unidades, que supoñen catro menos no primeiro caso e dous menos no segundo.

Máis de 56.000 casos activos

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 aumentan até os 56.456 en toda a Galiza, nova cifra marca desde o inicio da pandemia, que supoñen 3.868 máis que os contabilizados até o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (4.965), que altas (1.093), ao que se suman catro falecementos. O pasado 29 de decembro había 32.107 infeccións no conxunto do país.

O maior aumento de casos activos corresponde á área de Compostela e O Barbanza (+867), seguida da da Coruña e Cee (+786), Ourense (+601); Vigo (+522), Lugo (+481), Pontevedra e O Salnés (+352) e Ferrol (+259).

Deste xeito, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 12.724; seguida da de Compostela e O Barbanza, con 10.567; A Coruña e Cee, con 10.373; Pontevedra e O Salnés, con 7.047; Ourense, con 6.549; Lugo, con 5.549; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.647.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade esta terza feira, 4 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días do país sobe a 2.119,23 casos por 100.000 habitantes --o día anterior estaba en 1.975,84--, fronte aos 2.433,94 de media no Estado.

Repuntan os contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 repuntan na Galiza até os 4.965, que supoñen 1.150 máis que os 3.815 rexistrados esta terza feira, tras comezar esta semana con 2.899, que supuxeron o primeiro descenso por baixo dos 3.000 desde o 27 de decembro. A quinta, sexta feira e sábado pasados superaron os 5.000.

A Galiza acumula desde o inicio desta pandemia 265.499 contaxiados por coronavirus, dos que 58.859 corresponden á área de Vigo; 57.231, á da Coruña; 39.966, á de Compostela; 33.756, á de Ourense; 31.982, á de Pontevedra; 27.433, á de Lugo; e 16.272, á de Ferrol.

Nas últimas 24 horas levaron a cabo no país 13.177 PCR, que implican unhas 2.300 máis que as feitas o día anterior, o que eleva a 3.368.977 as realizadas até o momento.

No referido a test de antíxenos efectuáronse 1.182.502 na Galiza desde o inicio da pandemia, que representan 12.139 máis que os rexistrados até o día anterior e uns 1.400 feitos máis que a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, aumenta a un 23,3 por cento, após descender ao 21,88% na terza feira, despois de iniciar esta semana cun aumento ao 28,54%. Por iso, segue moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Vítimas mortais e altas

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Galiza ascenden 2.786, ao notificar a Consellería de Sanidade esta terza feira catro mortes.

En concreto, Sanidade informou o deceso rexistrado o 31 de decembro dunha muller de 83 anos hospitalizada no hospital vigués Povisa. E o resto das mortes notificadas na terza feira producíronse o 3 de xaneiro. Trátase de dúas mulleres de 79 e 87 anos ingresadas no HULA e o CHOP, respectivamente; e un home de 89 anos que hospitalizado no Chuac.

Polo seu lado, 206.301 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse no conxunto da Galiza desde o comezo desta crise sanitaria, que representan 1.093 máis que as rexistradas até o día anterior.