Tes quen che envíe unhas castañas? Correos volve pór en marcha na Galiza unha campaña para entregas especiais

Castañas
A veciñanza de 20 concellos galegos poderán mandar pquetes de distintos tamaños a prezos máis reducidos a calquera punto da Península.

Non é un envío habitual pero é, seguro, dos que a calquera lle gustaría recibir. Un servizo estacional que. Coa chegada do outono Correos volve pór en marcha na Galiza e noutros territorios cunha forte produción de castañas, como é o caso do Bierzo.

A Galiza comerciliza cada ano entre 15 e 20 millóns de quilos de castañas, mais non todas fan parte de grandes cadeas de distribución que venden este froito a clientes dunha trintena de país. Así, ademais daquelas destinadas ao consumo propio, hainas que poden chegar a destino por outras vías.

Correos vén reabrir un servizo temporal para o envío deste produto por paquetería. Está activo en 20 concellos galegos.

  • Becerreá, nos Ancares.
  • Samos e Sarria, na comarca de Sarria.
  • Quiroga, na comarca homónima.
  • O Saviñao, en Terra de Lemos
  • Chantada, na comarca homónima.
  • Silleda, no Deza.
  • Bande, na Baixa Limia.
  • O Barco e A Rúa, en Valdeorras.
  • Castro Caldelas, en Terra de Caldelas.
  • Cortegada e Ribadavia, no Ribeiro.
  • Gomesende e Padrenda, Terra de Celanova
  • Viana e A Gudiña, en Viana.
  • Maceda, en Allariz-Maceda
  • A Pobra de Trives, en Terra de Trives
  • Verín, na comarca homónima.

A campaña prolongarase até o 30 de novembro e estará dispoñíbel tanto en oficinas postais como mediante os carteiros rurais, que recollerán o produto directamente na porta dos domicilios daquelas persoas interesadas que o soliciten.

Desta forma, a veciñanza desta vintena de municipios poderá mandar nun paquete a cantidade de produto que desexe, coa recomendación de que o sequen ben ao recibiren as castañas. Correos ofrece un prezo reducido con descontos a respecto da tarifa estándar desta modalidade e paquetería.