A Covid-19 provoca a morte dunha muller de 58 anos sen patoloxías previas

Unha das primeiras convocatorias de vacinación masiva na Galiza. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
As autoridades sanitarias informaron de que a falecida, cuxo óbito decorreu a pasada sexta feira na área sanitaria de Ferrol, tampouco requerira sen ingresada nun centro sanitario.

A Consellaría de Sanidade informou esta segunda feira dunha nova vítima do coronavirus, pero con diferencias respecto das outras persoas que faleceron nos últimos meses pola enfermidade.

Segundo as autoridades sanitarias, o óbito que se deu a coñecer esta segunda feira foi o dunha muller de 58 anos.

A particularidade é que a enferma non tiña patoloxías previas que complicaran aínda máis a súa evolución para superar con éxito a Covid-19,

Alías, non fora ingresada, senón que ficaba no seu domicilio malia a infección.

Malia coñecerse hoxe, o deceso decorreu a pasada sexta feira 12 de novembro na área sanitaria de Ferrol.

Por outra parte, Sanidade tamén comunicou que morreu outra muller, neste caso de 85 anos.

O óbito deuse no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde era atendida dos síntomas do coronavirus. No entanto, esta vítima si contaba con outras doenzas anteriores que complicaban a súa situación.

Con estas dúas últimas mortes, desde que comezou a pandemia na Galiza perderon a vida 2.658 persoas.