A Covid mantén fechadas 103 aulas e hai 203 novos contaxios rexistrados

(Foto: Europa Press)

Os centros fechados na Galiza son seis, dous máis ca onte.

Hai na Galiza 2.461 casos de coronavirus entre alumnado e docentes de escolas infantís e centros educativos. Son 203 máis que na xornada de onte. Tamén aumentan o número de aulas fechadas polo virus, que pasan de 92 a 13, o que supón 9 máis.

Mantense, iso si, os centros afectados: 6. Dous na área sanitaria de Pontevedra, outros 2 de Ourense, 1 de Lugo e 1 de Vigo.

Aquí podes consultar centro a centro a situación da Covid en todas as áreas sanitarias da Galiza

As áreas sanitarias con máis casos de coronavirus no ensino son as da Coruña e Vigo. Na primeira hai 623 contaxiados e 24 aulas fechadas mentres que na viguesa as cifras son 520 e 28, respectivamente. Ademais, nesta hai tamén un centro fechado

408 casos de Covid-19 e 15 aulas fechadas son os dados de hoxe na área de Santiago, e na de Ferrol son 174 e 10.

Na área de Lugo hai 1 colexio fechado, 4 aulas clausuradas e 202 casos de coronavirus; na de Ourense esas cifras son de 277casos deste virus, 12 aulas e 2 centros clausurados.

Por último, na de Pontevedra son 2 os centros fechados e 10 as aulas. O número de persoas con Covid, entre alumnos e docentes, é de 257.