Covid: Ourense e outros 4 concellos abandonan o nivel vermello, no que entran novos municipios

Un total de 42 están en altera máxima pola pandemia.

Cambios no mapa do coronavirus: a listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia da pandemia na última semana descenden e sitúanse hoxe, terza feira, en 42. Isto é así grazas a que abandonan ese nivel 3 Ourense, Burela, Pontedeume e Cambados.

Porén, entran en alerta máxima os concellos de Coristanco e Soutomaior, que xa saben o que é estar nela.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellaría de  Sanidade coa incidencia do coronavirus por concellos, xa son 2 as cidades que saíron do nivel 3 de alerta: Ourense e Compostela.

Quen continúa neste nivel 3? Pois municipios como Xinzo de Limia, Ribadavia, Lugo, Cervo, Chantada, Viveiro e Vilalba.

Non son os únicos, Ferrol, Narón, Fene, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba, Cee, Ames e Teo tamén fan parte da listaxe.

Así como O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

No segundo nivel de alerta, o laranxa, atópanse 29 concellos. Ares, Boqueixón, Camariñas, Noia, Valdoviño, Sada, Laxe, Zas, Santiago, Neda, e Ribeira.

Neste mesmo nivel están A Estrada, Cambados, Cangas, Moaña, Caldas de Reis, Bueu, Salceda de Caselas, Baiona, Tomiño, A Cañiza. Ourense, O Carballiño, Barbadás, A Rúa e Verín; así como Burela, Monforte e Sarria.