Covid: As vacinadas con Janssen recibirán unha nova picada a partir do 15 de novembro

Un sanitario amosa unha vacina de Janssen. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
A decisión transcendeu na tarde desta terza feira após unha nova xuntanza do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública, a través do que o Estado e as administracións dos distintos territorios están intentando buscar acordos para actuar en relación á pandemia unha vez retiradas as restricións máis elevadas. Na Galiza empregáronse 122.700 doses deste fármaco.

O Ministerio de Sanidade e os diferentes territorios do Estado acordaron esta terza feira que as persoas que foron vacinadas fronte ao coronavirus con Janssen sexan tratadas cunha dose de reforzo a partir do 15 de novembro. Na Galiza empregáronse 122.700 doses deste fármaco.

A particularidade deste fármaco é que, dentro da campaña masiva de inoculación á cidadanía, só requería dunha picada fronte ás dúas básicas de remedios como os de AstraZeneca ou Pfizer, por exemplo, agás que se tivera pasado o virus.

En consecuencia, após o encontro de traballo do Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública decorrido esta terza, os 1,97 millóns de habitantes do Estado que recibiron a monodosis de Janssen unha segunda dose.

Agora serán tratadas con Pfizer ou Moderna para reforzar a súa resistencia á Covid-19

No entanto, dadas as particularidades do medicamento, non será este o que lles fornezan de novo. Ademais, deberán ter pasado polo menos tres meses desde que se recibiu a vacina.

Fontes do departamento que dirixe Carolina Darias explicaron que agora serán tratadas con Pfizer ou Moderna para reforzar a súa resistencia á Covid-19.

As autoridades territoriais teñen previsto principiar esta nova campaña a partir do 15 de novembro, priorizando os grupos da Estratexia Nacional de Vacinación, é dicir, comezando cos colectivos máis vulnerábeis

Desta forma, a campaña de vacinación ten agora dous obxectivos principais: por unha banda, nestes momentos estase inoculando unha dose de reforzo aos maiores de 70 anos, en paralelo á vacina da gripe, tras as persoas con condición de alto risco e as persoas que viven en residencias; e, por outro, o 15 de novembro comezarase con este grupo de 1,97 millóns de españois que recibiron Janssen.