WADI N-DAGHESTANI, FEMINISTA

“Crer que ser musulmá e feminista supón unha contradición é un prexuízo”

Wadi N-Daghestani [Imaxe cedida pola entrevistada]

Conversamos con Wadi N-Daghestani, feminista islámica e afondamos nesta corrente de pensamento que procura a emancipación das mulleres e a xustiza social desde unha perspectiva propia.

 

Activista a prol dos dereitos das mulleres, Wadi N-Daghestani, afirma que seus pais lle inculcaron "desde o deber e o compromiso islámico a loita pola xustiza social e de xénero". N­Daghestani defínese como unha persoa “de corazón asturiano e sangue árabe”. Descende dunha familia de orixe sirio instalada no Estado español. 

Que é o Feminismo islámico?

O feminismo islámico nace como unha necesidade por recuperar todos os dereitos lexímtos que a Sharia ­­a lei islámica­­ outorga explicitamente á muller através dos seus textos sagrados mais que foron extorsionados, manipulados e prostituídos ilexitimamente por sociedades pratiarcais en moitas comunidades musulmás de países árabes e occidentais. O Corán recoñécenos como cidadás de pleno dereito no ámbito público e privado. Neste senso, o feminismo islámico é a aposta segura para lle facer fronte ao patriarcado, que nos negou historicamente os nosos dereitos e, o que é máis grave, en moitas ocasións facéndoo 'no nome' da relixión, unha estratexia ruín, deleznábel e anti-islámica, que condenamos de maneira rotunda.

Podes ler a entrevista completa no número 116 do semanario en papel. Xa á venda nos quiosques e na nosa loxa.