O curso escolar 2024-2025 empezará na Galiza 11 de setembro e finalizará 20 de xuño

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022. (Foto: Carlos Castro)

O período de adaptación para 4º curso de Educación Infantil non se prolongará máis aló do 17 de setembro.

O Diario Oficial de Galiza (DOG) ratifica, coa súa publicación esta terza feira, o calendario para o vindiero curso escolar 2024/2025, que rexe para todas as etapas educativas. As aulas empezarán 11 de setembro deste ano e finalizarán 20 de xuño de 2025.

No caso de 2º curso de Bacharelato, acabarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de acceso á universidade, Abau.

En canto ás vacacións escolares, haberá tres períodos de descanso: o de Nadal estenderase do 23 de decembro de 2024 a 7 de xaneiro de 2025, ambos os incluídos; o do Entroido durante os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025, e o parón de Semana Santa producirase entre 14 e 21 de abril de 2025.

Tampouco serán días lectivos as declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da comunidade, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 31 de outubro.

A orde de calendario tamén recolle que para o próximo curso, as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno do Estado a través da Lomloe para 4º curso de Primaria e para 2º de ESO realizaranse entre 1 e 11 de abril de 2025.

En canto ao período de adaptación para o alumnado de 4º curso de Educación Infantil, os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 17 de setembro.

E no que respecta ao servizo de comedor escolar, en todos os centros públicos funcionará desde 11 de setembro de 2024 ata 20 de xuño de 2025, ambos os incluídos.