Dá positivo en Covid-19 o porteiro dun pub de Oleiros

Imaxe de arquivo dun local de lecer (Europa Press)

O porteiro dun local de lecer nocturno situado na localidade de Oleiros, comarca da Coruña, deu positivo en COVID-19. Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, trátase do café-pub Samoa, situado en Santa Cruz.

Ademais, conforme apuntaron as mesmas fontes, o home tamén traballa noutros locais de lecer da Coruña. Sanidade xa comezaría a rastexar clientes dese local para realizar as probas.