Denuncian pintadas tránsfobas no centro LGTBI+ do colectivo Avante, en Vigo

Pintada na reixa do local (Foto: Avante)
Do colectivo din que as pintadas como 'aquí misoxinia' ou 'desviadas', recalca que non as amedrentou. "Só reforzou a nosa convicción de que o que estamos a facer é necesario, é o correcto e se isto pasou é porque estamos a funcionar ben".

O centro LGTBI+ aberto polo colectivo Avante o pasado 4 de maio en Vigo rexistrou pintadas tránsfobas, ademais do bloqueo da fechadura, segundo confirmou Cristian Estévez, membro desta entidade.

"Unha pintada no enreixado e bloqueáronnos a fechadura con pegamento, entendemos que foi na madrugada da sexta feira ao sábado porque a sexta pola tarde estivo aberto", precisou en declaracións a Europa Press.

"Atopámonolo o sábado, a iso das dúas da tarde", apuntou sobre o momento en que viron o que sucedera e en relación a uns feitos após os cales recibiron o "apoio" da veciñanza no barrio.

"Non sentimos que haxa hostilidade cara a nós", apuntou respecto diso a pesar da que si perciben noutros lugares e momentos tanto a nivel da Galiza como de Estado.

"Foi crecendo nos últimos anos, tanto desde organizacións que se fan chamar feministas e non o son e baséanse na transfobia e o odio cara ás persoas trans como desde grupos de ultradereita, xa sexan organizacións políticas ou non, que non deixan de lanzar mensaxes de odio cara ao colectivo", incide a este respecto.

En concreto, apunta que "quizais haxa menos agresións pero si que son máis violentas", expón o membro deste colectivo que sostén que moitas non se denuncian. "Por moito que se diga nos medios ou desde as institucións que xa se arranxou todo, por moito que houbo avances, segue estando aí e é necesario loitar polo progreso e o cambio real", insiste.

Faino após o sucedido no seu centro, inaugurado o pasado 4 de maio na avenida de Fragoso. Sobre o ocorrido, con pintadas como 'aquí misoxinia' ou 'desviadas', recalca que non as amedrentou. "Só reforzou a nosa convicción de que o que estamos a facer é necesario, é o correcto e se isto pasou é porque estamos a funcionar ben".