A Deputación de Ourense organiza unha xornada de traballo sobre a soidade non desexada

Luis Menor, Patricia Torres, Francisco Fumega e Jose Juan Cerdeira este domingo na Residencia de tempo libre do Carballiño. (Foto: Deputación de Ourense).

A Deputación de Ourense puxo en marcha esta fin de semana un laboratorio de traballo no que participaron medio centenar de maiores para analizar medidas para prever e combater a soidade non desexada.

O presidente da institución, Luis Menor, sinalou esta mañá nunha vista á Residencia de tempo libre do Carballiño que "unha das máximas preocupacións do Goberno" é actuar neste eido.

Menor explicou que "o laboratorio pretendía dar resposta aos interrogantes que xera a soidade non desexada” para que  "podamos definir con maior acerto as actuacións e iniciativas que temos que levar a cabo para axudar, como administración, a combatela.

Os usuarios dos servizos de teleasistencia da Deputación ourensá analizaron a través de diferentes obradoiros, xunto aos técnicos da área de Benestar, as problemáticas xeradas pola soidade non desexada.

A soidade foi declarada Organización Mundial da Saúde (OMS) como un problema de saúde pública debido aos efectos que ten sobre a saúde das persoas, tanto a nivel mental como físico.

O servizo de teleasistencia

Menor quixo pór en valor o servizo de teleasistencia da Deputación, destacando que permite atender ás persoas maiores que residen no seu fogar e que precisan un soporte telefónico permanente que lles dea seguridade e atención ante calquera emerxencia.

O presidente da Deputación concluíu que "estou seguro de que compartir opinións, visións e experiencias sobre este tema que nos preocupa e nos ocupa nos permitirá avanzar nesas políticas necesarias a prol do benestar da nosa veciñanza".