Desaparece un mariñeiro de Porto do Son en augas próximas a Panamá

Imaxe de arquivo dun pesqueiro galego. (Foto: Europa Press)
Varios buques que faenaban na zona colaboran xa na procura deste home, de entre 45 e 50 anos de idade.

Un mariñeiro natural do municipio de Porto do Son, na comarca de Noia, desapareceu en augas próximas a Panamá cando o barco no que ía a bordo, con base en Ribeira, puxera rumbo ao porto para proceder á descarga e, posteriormente, regresar á Galiza.

Segundo fontes coñecedoras do caso citadas pola axencia Europa Press, o mariñeiro desaparecido, un sonense de entre 45 e 50 anos de idade, estaba a realizar a garda na ponte e despois desapareceu, mais aínda se descoñece que puido ocorrer.

Tal e como confirmou a Europa Press o alcalde do municipio, Luís Oujo, que xa se puxo ao dispor da familia e fica en contacto directo coa Consellaría do Mar, varios barcos que faenaban na zona colaboran xa na procura do mariñeiro galego.
[EN AMPLIACIÓN]