Detectado un foco de Covid con sete membros dunha familia infectados en Friol

A estrada LU-231 entre Friol e Palas atravesa a Reserva da Biosfera Terras do Miño (Imaxe: Apatrigal).

A Xunta decreta a alerta amarela no concello.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, destacou esta terza feira que impera a "normalidade" no concello a pesar dun surto de Covid-19 que afecta sete membros dunha mesma familia e polo que a Xunta decretou alerta amarela.

Santos asegurou que no municipio fan "vida normal, sen ningún tipo de restricións". "Máis aló das que viñamos tomando xa con anterioridade", indicou.

"Trátase dun estado de alarmismo, dado que por sorte só afecta unha familia e todos son asintomáticos. É certo que desde a Xunta decrétase o estado de alerta amarela cando hai sete positivos, por desgraza nesta familia son sete os positivos e decretouse a alerta amarela", sinalou.

Ademais, Santos puntualizou que esta familia permanece en corentena na súa casa "desde a semana pasada", e reiterou que estas sete persoas "son todas  asintomáticas".

O Concello de Friol, na comarca de Lugo, segue " desinfectando zonas públicas, parques infantís, rúas e aqueles lugares onde fan máis vida os veciños no centro urbano", indicou. "Seguimos con esas tarefas de limpeza e desinfeccións que vimos facendo desde o mes de marzo", concluíu.

Esta terza feira hai unha nova reunión do comité clínica que avalía a evolución do coronavirus na Galiza e o que propón que medidas e restricións adoptar. Sobre a mesa, nesta ocasión e ademais da situación de Ourense, está a de Santiago e Arteixo.

Estes dous concellos atópanse xa entre o dez municipios de toda Galiza no nivel máximo de alerta, o 3, pola situación da pandemia do coronavirus no últimos sete días.