Detida a ex-parella da muller asasinada en Lugo

[ACTUALIZACIÓN 17:40H] O home prestará declaración na terza feira (12 de abril). A investigación policial mantense aberta. 

O domingo (10 de abril) foi detida a ex-parella de Tatiana Vázquez Abuín, a muller de 24 anos asasinada en Lugo. Ibrahim N., de 31 anos é o principal sospeitoso, segundo as fontes policiais. Porén, fontes consultadas polo diario local El Progreso sinalan que as pesquisas se manteñen abertas e que non se descartan outras opcións. 

O detido prestará declaración esta segunda feira no Xulgado nº3 de Lugo

O detido prestará declaración esta terza feira no Xulgado nº3 de Lugo. Neste senso, durante a súa detención confirmou que mantivera unha relación sentimental con Tatiana Vázquez tempo atrás, que se continuaban a ver e que mesmo estiveran xuntos na sexta feira (8 de abril), o día en que a muller foi acoitelada até en 54 ocasións. 

En declaracións á imprensa o subdelegado do Goberno español, Ramón Carballo, sinalou que a detención se produciu por un presunto caso de violencia machista mais "non por sospeitoso de asasinato". 
 
En 2015 unha terceira persoa, familiar de Tatiana Vázquez, presentou unha denuncia por un presunto caso de violencia machista que, no entanto, foi arquivada após a muller negar os feitos e non presentarse nos xulgados para prestar declaración. 

En 2015 unha terceira persoa denunciara que Tatiana Vázquez se atopaba en situación de violencia machista

De se confirmar, este sería o segundo crime machista acontecido na Galiza en 2016 após o asasinato no mes de febreiro de Ana Gómez (Becerreá). Aliás, tamén foi agredida a finais do mes de marzo unha muller nas Pontes á que o seu ex-compañeiro tentou asasinar cunha arma de fogo

Doutra banda, mantense aberta a investigación en Porto do Son após atopárense os corpos dun matrimonio no seu domicilio, as forzas policiais sospeitan que se pode tratar de máis un feminicidio mais até o de agora non as pescudas mantéñense abertas. 

Segundo os dados oficiais recentemente publicados pola Xunta de Galiza na súa memoria de 2015, o pasado ano o número de vítimas mortais de violencia machista foi o maior desde 1999.