Detido un home na Coruña após unha agresión machista

Aconteceu na sexta feira (8 de xullo) no barrio dos Mallos. 

Un home foi prendido pola policía local da Coruña após unha chamada telefónica na que foi denunciado por violencia machista. Aconteceu no barrio coruñés dos Mallos na sexta feira (8 de xullo) segundo explicaron fontes policiais á axencia de noticias Europa Press

A detención produciuse logo de que a muller explicase aos axentes que o home é "moi agresivo" e que batera nela en máis ocasións, información que corroboraron a nai da muller e unha asistencia social desprazada ao domicilio. 

O detido foi trasladado a dependencias policiais e fica pendente de pasar a disposición xudicial.