Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro home

Garda Civil (Foto: Nós Diario).
Ante o despregamento policial, o home acabou entregándose voluntariamente.

Un veciño de Carballo (Bergantiños) foi detido tras unha liorta con armas de fogo. Despois de disparar ao outro home, atrincheirouse na súa casa, segundo informaron fontes da Garda Civil.

O suceso produciuse esta cuarta feira tras a citada liorta na zona do Sixto. Ao lugar, desprazáronse patrullas territoriais, ademais da Policía Local.

O considerado presunto autor dun disparo a outro veciño do municipio encerrouse, tras os feitos, na súa casa, polo que se solicitou a presenza da Unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil.

Acabou entregándose

Ante o despregamento policial, o home acabou entregándose voluntariamente e foi, finalmente, detido, precisaron as fontes consultadas.