Alberte Corral

"O Diario Galego é necesario para ter unha lectura da realidade en función das clases traballadoras"

Alberte Corral

Alberte Corral Iglesias, escritor e presidente da agrupación cultural O Facho da Coruña, pon de manifesto que O Diario Galego -o proxecto que Sermos impulsa para 2019- debe impulsar o xornalismo de investigación e actuar como espazo divulgador nos eidos da creación literaria e cultural.

-Que esperas de O Diario Galego?

 

-Que sexa descentralizado, e no que as realidades políticas, económicas e culturais que se manifestan en cada área territorial teñan especificidade propia.

 

-Por que é necesario?

 

-Para ter una lectura da realidade e dos acontecementos en función dos intereses das clases traballadoras do país.

 

-Que importancia ou que pegada podería ter no eido da creación literaria e cultural?

 

Deberá desenvolver un grande espazo no xornalismo de investigación, en primeiro lugar; e nos eidos da creación literaria e cultural, ser un espazo divulgador.

 

[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]