Educación fai públicos os tribunais das oposicións de ensino: consulta aquí onde tes que examinarte

Oposicións decorridas en Silleda (Foto: Europa Press).
A Consellaría fixo pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes nos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso a corpos docentes non universitarios.

A Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, fixo esta terza feira pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes nos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso a corpos docentes non universitarios. Podes consultar aquí cal é o tribunal no que tes que examinarte.

Os exames decorrerán en 15 localidades, en concreto na Coruña, Ames (comarca de Compostela), Culleredo (comarca da Coruña), Ferrol, Compostela, Ribeira (O Barbanza), Lugo, Castro de Rei (A Terra Chá), Ourense, O Carballiño (comarca homónima), Pontevedra, Lalín (O Deza), Ponteareas (O Condado), Vigo e Vilagarcía de Arousa (O Salnés).

As oposicións a partir de 22 de xuño e mobilizarán arredor de 1.743 novas prazas, o 86% delas de novo ingreso. Ademais, haberá 195 tribunais que supervisarán o correcto desenvolvemento do proceso ao que optan un total de 21.230 persoas.

O 86% das prazas ofertadas nestas oposicións son de novo ingreso e as restantes permitirán ao profesorado avanzar na súa carreira docente. O maior número de tribunais estará nas probas das especialidades do ensino secundario, un total de 102, mentres que para mestres haberá 76 tribunais.

Para docentes especialistas en sectores singulares de formación profesional haberá sete, para profesores de escolas oficiais de idiomas cinco, para a acreditación do coñecemento do idioma —galego e castelán— catro tribunais e para inspectores de educación un tribunal.

Estas son as localidades e os centros de examinación:

A CORUÑA

Educación Infantil: CIFP Someso

Educación Primaria: IES Plurilingüe Elviña e IES Ramón Otero Pedrayo

Inglés Primaria: CIFP Imaxe e Son

Educación Física Primaria: IES Ramón Otero Pedrayo

Música Primaria: IES Monelos

Pedagoxía Terapéutica: IES Urbano Lugrís

Audición e Linguaxe: IES Monte das Moas

Educación Física: IES Rafael Dieste

Intervención Sociocomunitaria: CIFP Ánxel Casal

Organización e Xestión Comercial: IES Urbano Lugrís

Soldadura: CIFP Someso

Francés (profesores de escolas oficiais de idiomas): Escola Oficial de Idiomas da Coruña

AMES

Lingua e Literatura Galega: IES Plurilingüe de Ames

CULLEREDO

Matemáticas: CIFP Universidade Laboral

FERROL

Filosofía: IES Concepción Arenal

Formación e Orientación Laboral: IES Saturnino Montojo

RIBEIRA

Informática: IES Leliadoura

COMPOSTELA

Educación Infantil: CIFP Compostela

Educación Primaria: CIFP Compostela

Inglés Primaria: IES Lamas de Abade

Francés Primaria: IES Lamas de Abade

Educación Física: Primaria IES Lamas de Abade

Música Primaria: IES Arcebispo Xelmírez II

Pedagoxía Terapéutica: IES Rosalía de Castro

Inspección Educativa: IES Pontepedriña

Xeografía e Historia: IES de Sar e IES As Fontiñas

Inglés: IES Xelmírez I e IES Eduardo Pondal

Galego (profesores de escolas oficiais de idiomas): Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Acreditación coñecemento castelán: IES As Fontiñas

Acreditación coñecemento galego: IES As Fontiñas

LUGO

Educación Infantil: IES Leiras Pulpeiro

Educación Primaria: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Inglés Primaria: IES Ánxel Fole

Educación Física Primaria: IES Xoán Montes

Pedagoxía Terapéutica: IES Ánxel Fole

Audición e Linguaxe: IES Sanxillao

Economía: CIFP Politécnico de Lugo

Organización e Proxectos de fabricación Mecánica: CIFP Politécnico de Lugo

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos: CIFP As Mercedes

Sistemas e aplicación informáticas: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Fabricación e instalación de carpintería e moble: CIFP Politécnico de Lugo

Mantemento de vehículos: CIFP As Mercedes

CASTRO DE REI

Procesos de producción agraria: IES Terra Chá

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos: IES Manuel Chamoso Lamas

OURENSE

Educación Infantil: IES Universidade Laboral

Educación Primaria: IES Xesús Ferro Couselo

Inglés Primaria: IES Universidade Laboral

Francés Primaria: IES Xesús Ferro Couselo

Pedagoxía Terapéutica: IES Ramón Otero Pedrayo

Audición e Linguaxe: IES Ramón Otero Pedrayo

Francés: IES As Lagoas

Sistemas electrotécnicos e automáticos: IES 12 Outubro

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico: CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel

Procesos Comerciais: CIFP Portovello

Procesos de Xestión Administrativa: Presentación no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Resto de probas no CIFP Portovello

Equipos electrónicos: CIFP A Farixa 1 54

Mecanizado e Mantemento de Máquinas: Presentación e primeira proba parte A no IES Julio Prieto Nespereira. Resto de probas no IES 12 Outubro

LALÍN

Bioloxía e Xeoloxía: IES Ramón Aller Ulloa

Administración de Empresas: IES Laxeiro

PONTEAREAS

Operacións de produción agraria: CIFP A Granxa

PONTEVEDRA

Educación Infantil: EPAPU de Pontevedra

Educación Primaria: IES Gonzalo Torrente Ballester

Música Primaria: IES Xunqueira II

Educación Física Primaria: IES Frei Martín Sarmiento

Pedagoxía Terapéutica: Presentación no CEIP A Xunqueira II. Resto de probas no CIFP A Xunqueira

Lingua Castelá e Literatura: IES Luis Seoane E IES A Xunqueira II

Debuxo: IES Sánchez Cantón

Música: Presentación no CIFP A Xunqueira. Resto de probas no IES A Xunqueira I

Orientación Educativa: IES A Xunqueira I

Cociña e Pastelería: CIFP Carlos Oroza

VIGO

Educación Infantil: IES de Teis

Educación Primaria: IES Politécnico

Inglés Primaria: IES Valadares

Educación Física Primaria: IES A Guía

Pedagoxía Terapéutica: IES Os Rosais nº 2

Audición e Linguaxe: IES A Guía 2

Física e Química: Presentación no IES Santa Irene. Resto de probas no IES San Tomé de Freixeiro

Tecnoloxía: IES Valadares

Instalacións electrotécnicas: IES Politécnico de Vigo

Procedementos sanitarios e asistenciais: IES República Oriental de Uruguai

Inglés (profesores de escolas oficiais de idiomas): IES Ricardo Mella

Portugués (profesores de escolas oficiais de idiomas): Escola Oficial de Idiomas de Vigo

VILAGARCÍA DE AROUSA

Latín: IES Armando Cotarelo Valledor