Os empregados dun mesmo grupo 'burbulla' poden partillar mesa na cafetería do traballo, sexan ou non conviventes

Cafetaría

Esta medida, publicada no DOG de hoxe, refírese aos 60 concellos galegos que manteñen a hostalería pechada.

 

A Consellería de  Sanidade permite, a partir de hoxe mesmo, que os empregados e empregadas que se consideren un grupo "burbulla" de convivencia estábel dentro da contorna laboral compartan mesa na cafetería ou o establecemento de restauración dos lugares de traballo, tamén en hospitais e centros sanitarios.

Iso si, a capacidade do local aínda estará limitado ao 50% da súa capacidade e o consumo no interior unicamente pode realizarse sentado. Ademais, as mesas ou agrupacións de mesas, entre as cal se debe cumprir a distancia de seguridade, terán un máximo de seis persoas.

A orde publicada hoxe, que xa entrou en vigor, permite que senten xuntas as "persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estábel centro do centro de traballo"

Así figura nunha orde publicada hoxe mesmo pola Consellería de  Sanidade, recollida por Europa  Press, na que se modifica un parágrafo da orde emitida a pasada semana para pechar a hostalería e outras actividades non esenciais até o 4 de decembro nun total de 60 concellos.

De acordo con esta normativa, en vigor desde o sábado, aqueles establecementos de restauración de centros de traballo podían abrir para servir aos empregados e empregadas, pero eses unicamente podían compartir mesa se eran conviventes -o mesmo se fixaba para os familiares dos pacientes que utilizasen as cafeterías de hospitais e centros sanitarios-.

Con todo, a orde publicada hoxe, que xa entrou en vigor, permite que senten xuntas as "persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estábel centro do centro de traballo".

Na exposición de motivos, a ConsellAría xustifica a ampliación desta medida porque se ten en conta "a relación na contorna de traballo" entre os empregados, o que determina que "poidan considerarse para estes efectos como unha 'burbulla'".