Encontran un cadáver desmembrado dentro dunha maleta en Vigo

Un fotógrafo no lugar no que se atopou o corpo sen vida da muller dentro dunha maleta. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Segundo informan fontes coñecedoras da investigación, o achado produciuse á primeira hora da tarde entre a maleza dun escampado da rúa Espedrigada.

Unha persoa achou na tarde desta quinta feira un cadáver desmembrado dentro dunha maleta atopada nun solar na zona de Balaídos, en Vigo. Segundo informan fontes coñecedoras da investigación, o achado produciuse á primeira hora da tarde entre a maleza dun escampado da rúa Espedrigada. As mesmas fontes apuntan que a persoa á que pertencen os restos non tería falecido recentemente.