As cifras do eucalipto na Galiza: ocupa 14% do territorio e aumentou en case 300.000 hectáreas en 50 anos

O eucalipto voltou a primeiro plano e, outra vez, da man dunha devastadora vaga de incendios, nesta ocasión —e non é a primeira vez— en Portugal. Esta especie pirofórica ocupa perto de 10% do territorio portugués, unha cifra que no caso da Galiza elévase case catro puntos por riba, até 13,9%. O 'Eucalyptus' representa 25,7% da foresta lusa, porcentaxe que aumenta até 28% no caso da extensión forestal galega.

Incendio forestal en Server do Vouga, distrito de Aveiro, rexión Centro de Portugal. (Foto: Diogo Baptista / SOPA Images via Z / DPA)
photo_camera Incendio forestal en Server do Vouga, distrito de Aveiro, rexión Centro de Portugal. (Foto: Diogo Baptista / SOPA Images via Z / DPA)
Comentarios