Evacuado en helicóptero un veciño de Moaña tras ser golpeado pola caída dun tronco mentres cortaba leña

Helicóptero do 061 (Foto: Sergas).

Un veciño de Moaña (comarca do Morrazo) tivo que ser evacuado en helicóptero após ser golpeado pola caída dun tronco mentres cortaba leña para o seu propio consumo.

Segundo informou o 112, o accidente produciuse no mediodía desta quinta feira nunha propiedade situada no lugar de Paradela e foi un particular o que deu a voz de alarma.

A central de emerxencias pediu colaboración aos profesionais de Urxencias Urxencias Sanitarias de Galizaa-061 que acudiron a bordo do helicóptero medicalizado con base en Compostela para evacuar o ferido.

Até o lugar tamén se desprazaron os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e a Policía Local de Moaña.

Por outra parte, un operario resultou ferido nunha perna sobre as 12:30 horas desta quinta feira cando cortaba unha árbore en Muros (comarca homónima) e o tronco caeu enriba del.

Noutra orde de cousas, nunha granxa do Rial, en Allariz (Allariz-Maceda), unha persoa tivo que ser evacuada polas lesións provocadas durante o manexo dunha motoserra.