A explosión dunha vivenda na Illa por un escape de gas deixa unha muller ferida con queimaduras

Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza. (Foto: Nós Diario).
Un menor que tamén se atopaba na vivenda foi atendido ali, pero a diferenza da muller non tivo que ser trasladado ao hospital.

Unha vivenda situada no municipio da Illa de Arousa (O Salnés) sufriu unha explosión na tarde desta segunda feira que deixou unha muller ferida con queimaduras.

Segundo informan fontes da central de emerxencias do 112-Galiza citadas pola axencia Europa Press, contra as 14.55 horas chegou a alerta dun particular que informaba da explosión dunha bombona na vivenda en cuestión, localizada no número 26 da travesía do Castro.

A muller tivo que ser trasladada ao hospital con queimaduras. Aliás, un menor que tamén se atopaba na vivenda foi atendido no punto, pero non tivo que ser hospitalizado.

Os bombeiros que acudiron a avaliar a situación explicaron que a explosión foi consecuencia dun escape de gas ao acender o quentador. Tamén resultaron afectadas un vivenda enfronte desta e outra á beira por rotura de xanelas e tellas.