Falece, tras caer dun andamio, un home na Coruña que non era traballador na obra

Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).
O corpo do home foi localizado nunha zona valada á altura do número 6 da rúa Vista Alegre e na caída cravouse unha barra metálica que os bombeiros estaban a cortar para poder proceder ao levantamento do cadáver.

Un home faleceu na Coruña tras caer dun andamio, segundo informaron fontes próximas ao suceso que precisaron que non se trata dun traballador.

Dos feitos tívose constancia sobre as sete da mañá e ao lugar trasladáronse efectivos da Policía Local e Nacional, Bombeiros, ademais de Urxencias Sanitarias 061 e Protección Civil.

O corpo do home foi localizado nunha zona valada á altura do número 6 da rúa Vista Alegre e na caída cravouse unha barra metálica que os bombeiros estaban a cortar para poder proceder ao levantamento do cadáver.

Fontes próximas ao caso explicaron que o home se precipitou por causas que se descoñecen. Trátase dun home de mediana idade cuxo corpo se atopou nun charco de sangue. O 061 trasladou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado.