Falece o ciclista de 25 anos atropelado esta segunda feira en Dumbría

O mozo recibirá sepultura esta cuarta feira na parroquia de Vilameñe, na localidade de Taboada (Foto: mapcarta)
O mozo recibirá sepultura esta cuarta feira na parroquia de Vilameñe, na localidade de Taboada, comarca de Chantada.

O ciclista de 25 anos de idade que sufriu un atropelo no municipio de Dumbría (comarca de Fisterra) a pasada segunda feira e foi trasladado polo helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) faleceu.

Foi un particular quen, pouco antes das 14:30 horas do pasada segunda feira, advertiu o 112 Galiza deste accidente, que se produciu no quilómetro 22 da DP-3404.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos servizos sanitarios, así como aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría.

O mozo recibirá sepultura esta cuarta feira na parroquia de Vilameñe, na localidade de Taboada, comarca de Chantada.