Falece unha contaxiada no Incio e eleva o número de mortos por Covid-19 a 641
Unha muller de 93 anos diagnosticada de coronavirus e que estaba ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) faleceu onte polas complicacións da enfermidade. Este pasamento sitúa a cifra global de mortes vinculadas á pandemia na Galiza a 641.
Desde as Consellarías de Sanidade e Política Social explicaron que a muller, que padecía outras patoloxías previas a contaxiarse de Covid-19, era unha residente do centro do Incio.
Este foi intervido pola Xunta ao detectarse un gromo numerosos que xa afecta a 117 persoas (90 usuarias e usuarios e 27 do cadro de persoal).
A finada é a sexta vítima mortal dos contaxios contabilizados neste espazo residencial, tras confirmarse o sábado a morte dunha compañeira de 83 anos.
A nivel do país, durante a fin de semana se comunicaron cinco falecementos, tres o sábado e dous o domingo.