Falece un home en Pontedeva ao envorcar o tractor que manexaba

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).
Un particular avisou do suceso sobre as 00.20 horas indicando que vía a unha persoa atrapada debaixo dun tractor e que podía estar falecida.

Un home faleceu en Pontedeva (Terra de Celanova) ao envorcar o tractor que manexaba cando rozaba unha viña no lugar das Lamas. Segundo informou o 112 da Galiza, un particular avisou do suceso sobre as 00.20 horas indicando que vía a unha persoa atrapada debaixo dun tractor e que podía estar falecida.

Ante iso, o 112 puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, dos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Celanova, do corpo de axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil.

No lugar, os servizos de emerxencia só puideron confirmar a súa morte. Ademais, foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberar á vítima, que quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola.