Falece un menor en Ourense tras caer desde unha xanela dun edificio

Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
No barrio do Couto.

Un menor faleceu este sábado en Ourense tras caer desde unha xanela dun edificio situado na rúa Castro Canseco, no barrio do Couto.

Segundo informou o 112 consultado Europa Press, foi ao fío das 14 horas cando un particular solicitou asistencia sanitaria urxente para unha persoa que estaba tendida na beirarrúa.

A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e á Policía Nacional.

O alcalde da cidade ourensá, Gonzalo Pérez Xácome, lamentou o falecemento do rapaz, por causas que aínda están por determinar e transmitiu as condolencias á familia.

 

"Un suceso tráxico conmove, pero conmociona especialmente cando se trata dun menor. Lamentamos o falecemento este mediodía dun raparigo, tras unha caída dunha vivenda en Ourense (causas aínda por determinar). Transmitimos as condolencias á súa familia", publicou o alcalde na súa rede social X.