Falece unha persoa mentres practicaba submarinismo en Viveiro

Helicóptero de salvamento marítimo (Foto: Salvamento marítimo).
Segundo informou o 112, foi sobre o mediodía deste sábado cando un particular alertaba de que estaban a mergullar e acababan de subir a un dos mergulladores inconsciente, ao cal trasladaron nunha embarcación ao porto de Celeiro.

Unha persoa perdeu a vida mentres practicaba submarinismo na zona da Ínsua da Area, no municipio de Viveiro (A Mariña). Segundo informou o 112, foi sobre o mediodía deste sábado cando un particular alertaba de que estaban a mergullar e acababan de subir a un dos mergulladores inconsciente, ao cal trasladaron nunha embarcación ao porto de Celeiro.

Até alí desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida e confirmaron o seu falecemento no punto. No operativo tamén participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas da Galiza, a Garda Civil e o servizo municipal e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Viveiro.