Falece unha persoa en Paderne de Allariz tras chocar o seu tractor contra un vehículo estacionado

Imaxe de arquivo dun helicóptero medicalizado. (Foto Europa Press)
Segundo informou o 112, o suceso ocorreu sobre as 8 horas deste sábado 17.

Unha persoa perdeu a vida tras chocar o tractor que conducía contra un vehículo estacionado en Ousende, en Paderne de Allariz (comarca de Allariz-Maceda).

Segundo informou o 112, o suceso ocorreu sobre as 8 horas deste sábado e até o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

Non obstante, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Pola súa banda, a Garda Civil indicou que non descarta que a persoa falecese por causas naturais no tractor e o vehículo seguise circulando até chocar co turismo.

No operativo tamén participaron os Bombeiros de San Cibrao, membros do GES de Maceda, a Garda Civil e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz.